Mostrando entradas con la etiqueta DISLALIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DISLALIAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de marzo de 2020

A articulación do fonema /s/


Imos agora con outra entrada para os que vos custa un pouquiño máis a articulación do fonema /s/. Ao igual que para o /r/, en primeiro lugar debedes traballar moito moito o soplo e os movementos da cara (son dúas entradas anteriores) ata que vos saia todo moi ben!
A continuación, vouvos ir deixando material para traballar a pronunciación correcta do /s/. Primeiro, unha recomendación para dicir ben esta letriña.




Agora, tedes uns vídeos que vos axudarán a pronunciar o /s/ correctamente. Practicade moito con isto para que vos saia ben!

TUTORIAL IV : "Para ejercitar el sonido de la S"

CÓMO PRONUNCIAR EL FONEMA S

Tamén tedes aquí vídeos para repetir palabras con s ao inicio, no medio e no final das palabras.

Aprendemos a Articular el fonema s

Aprende El Sonido de La Letra S con las Vocales

EJERCICIOS DE ARTICULACIÓN: FONEMA S

Aprende la letra "S" con Sara la Serpiente - El abecedario


Rematando xa esta entrada, déixovos dous xogos para que vos entreteñades aprendendo! Primeiro unha oca para practicar o /s/.

E, para rematar, unha plantilla para xogar a "afundir os barcos". Desta vez non xogamos con números e letras... Xogamos dicindo palabras con s e z. Que vos divirtades!

FONTES: ARASAAC, Youtube e Pinterest




A articulación do fonema /r/


Para conseguir articular correctamente o fonema /r/, temos que seguir unha serie de pasos! Primeiro, botade man das entradas onde se fala de sopro e de praxias, pois son eses os dous primeiros pasiños que tedes que dar. Unha vez traballedes iso e controledes todo moi moi ben, pasamos xa a mellorar a nosa pronunciación!
Para iso, déixovos esta imaxe que vos axuda a colocar a lingua para dicir o /r/.



Despois de practicar moito o anterior, tedes aquí tamén vídeos con exercicios que vos axudan a pronunciar o /r/.

Ejercicios para ayudar a tu hijo a pronunciar bien. Podrá decir la "R" fácilmente

Aprende a pronunciar el fonema erre vibrante_Articulación_Dislalias

3 ejercicios para hacer vibrar la lengua y producir el sonido de la RR

Pronunciacion: la erre vibrante múltiple, ejercicios previos - Trill your R (first training)

TUTORIAL II: "Ejercicios para pronunciar bien la Erre con la Dra. Sordo”


Tamén tedes aquí vídeos para repetir palabras con /r/ ao inicio, medio e final das palabras!

TUTORIAL III: "Palabras para ejercitar la R"

Repetimos palabras con erre

Palabras que incian con R en español para niños - Videos Aprende

EJERCICIOS ARTICULACION R FUERTE

La Letra "R" - Capitulo especial de El Mono Sílabo - Educación para Niños #

Para rematar esta entrada, déixovos dous xogos: unha oca para traballar o /r/ forte e o suave.

E unha plantilla para xogar a "afundir os barcos". En vez de xogar con letras e números, facémolo con palabras con /r/

FONTES: Youtube, centroacadia.es, ARASAAC



Praxias e movementos coa cara



Nesta entrada podedes atopar, primeiro, diferentes vídeos para practicar movementos de labios, lingua e cara... Outro pasiño máis para conseguir unha pronunciación moi boa!

Praxias y movimientos orofaciales

LOGOPEDIA: PRAXIAS OROLINGUOFACIALES

Praxias minions

Praxias infantiles - Peppa Pig (LARGA)

Ejercicios de lenguaje - Terapia de Lenguaje - Minders Psicología Infantil

Praxias orofaciales- Cuento del gusanito.

Agora, déixovos un xogo que todos coñecemos: a oca, pero desta vez é un pouquiño diferente. Trátase de xogar con fichas e un dado e, cada vez que caias nunha cara, tes que imitala. A ver que tal se che dá!


Para rematar, neste enlace ides atopar un documento en PDF con moitos exercicios para repasar todo isto: sopro, respiración, praxias, relaxación e moito máis!


FONTES: Youtube, ARASAAC e maestrosdeaudicionylenguaje.com

Respiración e sopro



Ola! Nesta entrada atoparedes diferentes enlaces que vos axudarán a mellorar o sopro e a respiración no caso de conseguir unha pronunciación axeitada! Podedes practicar tanto como queirades, ademais de probar a facer as manualidades que seguro que o pasades moi ben!


6 JUEGOS DIVERTIDOS para trabajar el SOPLO y la RESPIRACIÓN en los NIÑOS


Como hacer un juguete para practicar el soplo con materiales reciclados

La pelota que flota - Poppy Lab

Tupper con confeti - Material de soplo

Activitea Animales divertidos para el soplo!

Ejercicio de soplo para facilitar el lenguaje de forma lúdica




Ademais, déixovos outro enlace no que tedes máis ideas para mellorar o sopro de forma lúdica.