Mostrando entradas con la etiqueta ATENCIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ATENCIÓN. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de junio de 2020

FACEMOS UN MINION

Hoxe tedes un reto de moita paciencia! Ides facer o debuxo dun Minion pero, non importa se non vos gusta debuxar ou pensades que non o facedes moi ben. Xa veredes!

Ao rematar podedes ver se o fixestes ben! 

O FONDO DO MAR

Na seguinte actividade tedes que estar moi atentos porque trátase de atopar as diferenzas entre unha imaxe e a outra. As que atopedes marcádelas na viñeta de abaixo. 
Ao rematar podedes saber se fixeches ben o exercicio ou ben podedes enviárnolo ás profes ao noso correo eléctrónico.  

domingo, 31 de mayo de 2020









ATENCIÓN 

 3º 

🔻🔻🔻🔻🔻

⏩  XOGOS


FONTES DE INFORMACIÓN 
🔁Documento: mundoprimaria




















































































ATENCIÓN 

1º  e 2º 

🔻🔻🔻🔻🔻

⏩  ONDE ESTÁ?


FONTES DE INFORMACIÓN 
🔁Documento: mundoprimaria




















































































ATENCIÓN 

1º  e 2º 

🔻🔻🔻🔻🔻



FONTES DE INFORMACIÓN 
🔁Documento: mundoprimaria












































































jueves, 28 de mayo de 2020

FIGURAS DE CORES

Coloca as figuras de cada cor no lugar que corresponde. Cando remates podes comprobar si o tes ben feito ou podes envialo por correo ás mestras (a dirección está no blog, na parte dereita).

lunes, 25 de mayo de 2020

IMOS XOGAR A IDENTIFICAR O TEMPO QUE FAI E A ROUPA QUE TEMOS QUE POÑER. VEREDES QUE DIVERTIDO! podedes saber se tiveches algún erro na actividade ou enviárnola por correo a nós.

FONTES DE INFORMACIÓN:
chusprofe en https://www.liveworksheets.com

domingo, 24 de mayo de 2020









ATENCIÓN 

 3º 

🔻🔻🔻🔻🔻
Que imaxe de abaixo ten relación coas de arriba, elixe e arrastra:

⏩  ATENCIÓN


FONTES DE INFORMACIÓN 
🔁Documento: mundoprimaria




















































































ATENCIÓN 

 3º 

🔻🔻🔻🔻🔻
Pincha sobre as parellas de obxectos iguais:

⏩  ATENCIÓN


FONTES DE INFORMACIÓN 
🔁Documento: mundoprimaria




















































































ATENCIÓN 

1º  e 2º 

🔻🔻🔻🔻🔻
Coloca cada peza onde corresponda:

⏩  ATENCIÓN


FONTES DE INFORMACIÓN 
🔁Documento: mundoprimaria




















































































ATENCIÓN 

1º  e 2º 

🔻🔻🔻🔻🔻
Fíxate ben onde aparen os obxectos,logo desaparecerán e terás que colocalos no seu sitio:

⏩  ATENCIÓN


FONTES DE INFORMACIÓN 
🔁Documento: mundoprimaria












































































viernes, 22 de mayo de 2020

SIMETRÍAS

Fíxate ben!

Nesta actividade hai que ir coloreando recadros para formar figuras simétricas.

Actividade para alumnado de todos os niveis de Educación Primaria.

Xa o podedes facer aquí pinchando no recadro que queredes colorear. Unha vez rematada a tarefa, podes comprobar o teu resultado ou mandar a tarefa á mestra (os nosos enderezos están no blog, á dereita).


Simetrías 1, una ficha interactiva de Lau_PT
liveworksheets.com


FONTE: Lau_PT en liveworksheets
XOGAMOS  COA  PATRULLA  CANINA

A Patrulla Canina necesita a nosa axuda. Hai que completar persoaxes ata o número que se indica.

Actividade dirixida a alumnos/as de Educación Infantil e 1º nivel de Educación Primaria.

Esta actividade xa se fai aquí arrastrando as persoaxes. Unha vez rematada a tarefa, podedes comprobar o voso resultado ou enviala á mestra (os nosos correos están no blog, á dereita).


Completar conjuntos, una ficha interactiva de ainfcon
liveworksheets.com


FONTE: ainfcon en liveworksheets
CONTA  E  ESCRIBE  O  NÚMERO

Moi atentos! 

Nesta actividade tedes que atopar os debuxos que se indican, contar cantas veces aparecen e escribir o número.

Actividade dirixida a alumnos/as de Educación Infantil e 1º nivel de Educación Primaria.

Esta actividade xa se fai directamente aquí escribindo o número que corresponda. Unha vez rematada, podedes comprobar o voso resultado ou mandar a tarefa á mestra (no blog, á dereita están as nosas direcións de correo).


Conteo medios transporte, una ficha interactiva de manolin
liveworksheets.com


FONTE: Manolin en liveworksheets
FÍXATE  BEN!

Nesta actividade tedes que arrastrar as figuras ata o lugar correspondente. Fíxate ben en que figura é e de que cor é.

Para alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria.

Esta actividade xa se fai directamente aquí arrastrando as figuras (non é preciso imprimir e non enlaza con outra). Ao rematar, podedes comprobar o voso resultado ou enviar a tarefa á mestra de PT ou AL (na columna da dereita do blog aparecen as nosas direcións de correo).


Ficha de atención 1, una ficha interactiva de Lau_PT
liveworksheets.com



FONTE: Lau_PT en Live Worksheets

jueves, 21 de mayo de 2020









ATENCIÓN 

3º  

🔻🔻🔻🔻🔻
Observa a imaxe e reproduce:

⏩  ATENCIÓN


FONTES DE INFORMACIÓN 
🔁Documento: Edufichas












































































martes, 19 de mayo de 2020


INDICACIÓNS PARA TRABALLAR AS HABILIDADES BÁSICAS


TRABALLO DA MOTRICIDADE FINA NA CASA
  • Amasar ao facer un biscoito.
  • Empregar un portaxeos ou algún obxecto similar e noces. Intentar meter, cunha pinzas ou coas mans, as noces en cada un dos buratos do portaxeos.





  • Cun cordón dos zapatos, por exemplo, ir introducindo canutillos do papel hixiénico.

  • Empregar palliñas para introducir macarróns.





  • Desenvolver paquetes.
  • Realizar debuxos con pintura de dedos, empregando as propias mans como pincel.
  • Romper papeis e enrrugalos.
  • Debuxar siluetas no aire cos dedos.

TRABALLO DA MOTRICIDADE GROSA NA CASA
  • Camiñar nas puntas dos pés.
  • Camiñar cara un lugar dando pasos moi longos ou moi curtos.
  • Xogar á pelota, lanzándoa e colléndoa pelota coas dúas mans.
  • Pasar por debaixo das cadeiras que estean postas en fila.
  • Andar agachado cara diante e atrás.
  • Xogar a lanzar unha pelota nun aro ou nun espazo concreto da casa.
  • Conducir globos mediante o sopro; empregalos tamén para facer pases con eles.

TRABALLO DA ATENCIÓN NA CASA
  • Imitar modelos. Pódese, por exemplo, facer unha construción simple con pezas de xoguete e que el a imite.
  • Realizar de puzzles ou atopar diferenzas.
  • Elaborar de debuxos e colorealos.
  • Realizar un debuxo nun papel e que el, mediante boliñas de plastilina, vaia enchéndoo enteiro.
  • Colocar os cubertos no caixón correspondente despois de comer.
  • Xogar ao “veo veo”.

TRABALLO DA MEMORIA NA CASA
  • Xogo do “Memory” co que se fan parellas con imaxes boca abaixo (ANEXO 1)
  • Atopar obxectos. Ensinarlle primeiro os obxectos que van ser escondidos e que vexa onde os escondiches. Despois, preguntarlle “Onde escondín a pelota?” e que a vaia buscar ao sitio.
  • Aprender algunha canción.
  • Asociar cartas da mesma cor, do mesmo pao ou que teñan o mesmo número.
  • Falar diariamente do que fixestes onte, de que comistes, etc.
  • Vestirse dunha forma concreta e falar con el da roupa; pasado un tempo, cambiar unha prenda e preguntarlle cal foi o cambio realizado.

TRABALLO DA AUTONOMÍA NA CASA
  • Vestirse e espirse el só.
  • Enxaboarse só na ducha.
  • Recoller a roupa sucia e metela na lavadora.
  • Limpar unha mesa ou unha cadeira cun pano.
  • Axudar a poñer a mesa (poñendo, por exemplo, o seu prato).
  • Axudar a colgar a roupa (poñendo as pinzas correctamente).
  • Abrir os botes e pechalos.
  • Dicir que sexa el o que dá un recado a outro membro da familia.

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR ATENCIÓN, MOTRICIDADE FINA E MEMORIA EN CONXUNTO
  • Plantar sementes nun vaso. (ANEXO 2)
  • Facer plastilina caseira. (ANEXO 3)
  • Realizar acuarelas caseiras (ANEXO 4)
  • Realizar algunha receita con axuda.
  • Recortar figuras diferentes e pegalas noutro papel no espazo correcto.
  • Doblar calcetíns.

ANEXO 1 (Memory)
Estas cartas son un exemplo para o “Memory”. Imprímense e recórtanse unha por unha. Logo, boca abaixo, ten que atopar as parellas.



ANEXO 2 (plantar sementes)




  1. Enchoupar uns cantos algodóns en auga.
  2. Colocalos dentro dun vaso, presionando cara abaixo.
  3. Poñemos as sementes (poden ser pepas dalgunha froita, lentellas, garavanzos, fabas…).
  4. Tapamos as sementes con máis algodóns húmidos con auga.
  5. Poñemos as sementes nun lugar soleado (como nunha ventá).
  6. Día a día veremos como van crecendo, regándoo cando sexa preciso.

ANEXO 3 (plastilina caseira)
Precisaremos para isto:
  • 1 taza de fariña de trigo.
  • Media taza de sal fino.
  • 1/3 de taza de agua quente.
  • Dúas culleradas de aceite (de oliva ou xirasol).
  • Colorante alimenticio.
  1. Mesturamos a fariña e o sal e removemos
  2. Botamos o colorante e o aceite na auga quente e engadímolo todo á mestura anterior, removendo.
  3. Deixamos arrefriar e amasamos coas mans ata conseguir unha textura axeitada.

ANEXO 4 (acuarelas caseiras)


Podemos facer as nosas propias acuarelas mesturando agua con outras cousas que temos na casa como té, café, limón, pimentón, colacao…


FONTES: www.pequefelicidad.com
www.laughingkidslearn.com



lunes, 18 de mayo de 2020

SEGUIMOS  INSTRUCIÓNS

Nesta actividade debedes ler e seguir as instrucións que vos van dando. Podedes imprimir as fichas ou copialas nun folio ou libreta e, en lugar de pegar imaxes, iredes debuxando.

Actividade dirixida a alumnos/as de Educación Primaria.




FONTE: aulapt.org