martes, 19 de mayo de 2020


INDICACIÓNS PARA TRABALLAR AS HABILIDADES BÁSICAS


TRABALLO DA MOTRICIDADE FINA NA CASA
  • Amasar ao facer un biscoito.
  • Empregar un portaxeos ou algún obxecto similar e noces. Intentar meter, cunha pinzas ou coas mans, as noces en cada un dos buratos do portaxeos.





  • Cun cordón dos zapatos, por exemplo, ir introducindo canutillos do papel hixiénico.

  • Empregar palliñas para introducir macarróns.





  • Desenvolver paquetes.
  • Realizar debuxos con pintura de dedos, empregando as propias mans como pincel.
  • Romper papeis e enrrugalos.
  • Debuxar siluetas no aire cos dedos.

TRABALLO DA MOTRICIDADE GROSA NA CASA
  • Camiñar nas puntas dos pés.
  • Camiñar cara un lugar dando pasos moi longos ou moi curtos.
  • Xogar á pelota, lanzándoa e colléndoa pelota coas dúas mans.
  • Pasar por debaixo das cadeiras que estean postas en fila.
  • Andar agachado cara diante e atrás.
  • Xogar a lanzar unha pelota nun aro ou nun espazo concreto da casa.
  • Conducir globos mediante o sopro; empregalos tamén para facer pases con eles.

TRABALLO DA ATENCIÓN NA CASA
  • Imitar modelos. Pódese, por exemplo, facer unha construción simple con pezas de xoguete e que el a imite.
  • Realizar de puzzles ou atopar diferenzas.
  • Elaborar de debuxos e colorealos.
  • Realizar un debuxo nun papel e que el, mediante boliñas de plastilina, vaia enchéndoo enteiro.
  • Colocar os cubertos no caixón correspondente despois de comer.
  • Xogar ao “veo veo”.

TRABALLO DA MEMORIA NA CASA
  • Xogo do “Memory” co que se fan parellas con imaxes boca abaixo (ANEXO 1)
  • Atopar obxectos. Ensinarlle primeiro os obxectos que van ser escondidos e que vexa onde os escondiches. Despois, preguntarlle “Onde escondín a pelota?” e que a vaia buscar ao sitio.
  • Aprender algunha canción.
  • Asociar cartas da mesma cor, do mesmo pao ou que teñan o mesmo número.
  • Falar diariamente do que fixestes onte, de que comistes, etc.
  • Vestirse dunha forma concreta e falar con el da roupa; pasado un tempo, cambiar unha prenda e preguntarlle cal foi o cambio realizado.

TRABALLO DA AUTONOMÍA NA CASA
  • Vestirse e espirse el só.
  • Enxaboarse só na ducha.
  • Recoller a roupa sucia e metela na lavadora.
  • Limpar unha mesa ou unha cadeira cun pano.
  • Axudar a poñer a mesa (poñendo, por exemplo, o seu prato).
  • Axudar a colgar a roupa (poñendo as pinzas correctamente).
  • Abrir os botes e pechalos.
  • Dicir que sexa el o que dá un recado a outro membro da familia.

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR ATENCIÓN, MOTRICIDADE FINA E MEMORIA EN CONXUNTO
  • Plantar sementes nun vaso. (ANEXO 2)
  • Facer plastilina caseira. (ANEXO 3)
  • Realizar acuarelas caseiras (ANEXO 4)
  • Realizar algunha receita con axuda.
  • Recortar figuras diferentes e pegalas noutro papel no espazo correcto.
  • Doblar calcetíns.

ANEXO 1 (Memory)
Estas cartas son un exemplo para o “Memory”. Imprímense e recórtanse unha por unha. Logo, boca abaixo, ten que atopar as parellas.



ANEXO 2 (plantar sementes)




  1. Enchoupar uns cantos algodóns en auga.
  2. Colocalos dentro dun vaso, presionando cara abaixo.
  3. Poñemos as sementes (poden ser pepas dalgunha froita, lentellas, garavanzos, fabas…).
  4. Tapamos as sementes con máis algodóns húmidos con auga.
  5. Poñemos as sementes nun lugar soleado (como nunha ventá).
  6. Día a día veremos como van crecendo, regándoo cando sexa preciso.

ANEXO 3 (plastilina caseira)
Precisaremos para isto:
  • 1 taza de fariña de trigo.
  • Media taza de sal fino.
  • 1/3 de taza de agua quente.
  • Dúas culleradas de aceite (de oliva ou xirasol).
  • Colorante alimenticio.
  1. Mesturamos a fariña e o sal e removemos
  2. Botamos o colorante e o aceite na auga quente e engadímolo todo á mestura anterior, removendo.
  3. Deixamos arrefriar e amasamos coas mans ata conseguir unha textura axeitada.

ANEXO 4 (acuarelas caseiras)


Podemos facer as nosas propias acuarelas mesturando agua con outras cousas que temos na casa como té, café, limón, pimentón, colacao…


FONTES: www.pequefelicidad.com
www.laughingkidslearn.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario