Mostrando entradas con la etiqueta CONCEPTOS TEMPORAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONCEPTOS TEMPORAIS. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de mayo de 2020

SECUENCIAS  TEMPORAIS

Nesta actividade tedes que ordenar as imaxes. Fixádevos: que é o que pasa primeiro, que pasa a continuación e que pasará ao final.

Actividade dirixida a alumnos/as de Educación Primaria.

Podedes facer a actividade de xeito oral ou imprimir as fichas.





FONTE: Orientación Andújar

lunes, 4 de mayo de 2020

TABOEIRO  DE  SÍLABAS  TRABADAS

Collede dous dados, un papel para escribir e un lapis (ou boli, se queredes).

Agora, mirade o taboeiro que vos deixo máis abaixo, tirade os dous dados e buscade a sílaba que vos toca. Con esa sílaba tedes que decir palabras que comecen ou conteñan esa sílaba. Logo, escollede unha e escribide unha frase.

Eu xa tirei os meus dados e tocoume 1,3 así que a miña sílaba é TRU. Eu digo: truco, avestruz. E escribo unha frase con avestruz: A avestruz é moi grande.




Actividade para alumnado de Educación Primaria.

FONTE: Orientación Andújar

martes, 24 de marzo de 2020

O RELOXO

Hoxe propoño un divertido xogo para practicar co reloxo. Que vos parece? Veña, imos empezar!

FONTE: aulapt.org

QUE DÍA É?

Xa sei, xa sei…sabedes que día é, verdade? Pero que vos parece se repasamos os días da semana, meses do ano e as horas?
Non é preciso imprimir a ficha, pódese facer de xeito oral.

https://www.aulapt.org/2019/06/04/actividades-para-reforzar-las-nociones-temporales-fichas-y-tarjetas-de-asociacion/
FONTE: aulapt.org