lunes, 4 de mayo de 2020

TABOEIRO  DE  SÍLABAS  TRABADAS

Collede dous dados, un papel para escribir e un lapis (ou boli, se queredes).

Agora, mirade o taboeiro que vos deixo máis abaixo, tirade os dous dados e buscade a sílaba que vos toca. Con esa sílaba tedes que decir palabras que comecen ou conteñan esa sílaba. Logo, escollede unha e escribide unha frase.

Eu xa tirei os meus dados e tocoume 1,3 así que a miña sílaba é TRU. Eu digo: truco, avestruz. E escribo unha frase con avestruz: A avestruz é moi grande.




Actividade para alumnado de Educación Primaria.

FONTE: Orientación Andújar

No hay comentarios:

Publicar un comentario