martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE MEMORIA
1º e 2º

🔻🔻🔻🔻🔻

Escoita a orde e realiza o que se indica nas frases:


1- Debuxa un edificio. Enriba á dereita  debuxa unha nube da que caen gotas, á esquerda debuxa un paraugas aberto.

2- Debuxa unha nena que na man dereita sostén unha pelota vermella e amarela. Na man esquerda ten un xeado azul e diante un gato negro.

3- Debuxa un barco grande cunha cheminea de cor verde, ao lado dereito un barco mediano de cor amarelo e detrás un golfiño.

4- Debuxa unha árbore mediana con moitas mazás verdes, detrás da árbore, un neno e diante un coche laranxa.

5- Debuxa un plato que teña chícharos, ao lado dereito un pano e á esquerda un vaso.

6- Debuxa unha fila de coches. O primeiro ten que ser de cor marrón e o último rosado.

7- Debuxa un caracol que vai por un camiño, antes del hai unha flor e despois un can.

8- Debuxa unha caixa grande chea de pelotas de cores e unha caixa baleira.

9- Debuxa unha casa que teña unha porta aberta e outra casa coa porta pechada.

10- Debuxa unha nena alta e un neno máis baixo ao seu carón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario