miércoles, 20 de mayo de 2020

XOGAMOS AO AIRE LIBRE

Que tal? espero que todo ben. Esta semana traemos novas propostas pensadas para que poidades facer fóra da casa xa que xa se pode saír e imos ter moi bo tempo esta semana:

En xeral para todas as idades:

1. Bicicleta: case seguro que todos/as tedes bici a pedales ou sen eles, triciclo, motoretas, correpasillos, etc. ou calquer outro vehículo con rodas. Imos aproveitar en calquer espacio cercano á casa, patio, terraza, campo ou praza cercana á casa e podemos montar un recorrido de obstáculos para sortear:

1.1. Zigzag: poñendo como obxectos a sortear pedras, roupa, xoguetes, etc, pasando por entre os        obstáculos colocados a 1-2 metros de distancia xirando á esquerda e dereita.



2. Salto á corda: seguro que temos una corda, cordel, cinta, etc, pola casa e podemos facer:

2.1. Infantil e 1º e 2º: con axuda dun adulto, irmán, etc  podedes xogar a saltar a serpe (axitando a corda tocando o chan), o reloxo (o que ten a corda xira sobre si mesmo e a corda toca o chan), poñela no chan e facer saltos adiante e atrás, saltos laterais...

o reloxo: https://www.youtube.com/watch?v=czOkYPuqox8

2.2. Os maiores ou os máis atrevidos/as podedes practicar o agarre, saltar cos 2 pés, con 1 á pata coxa, con rebote ou sen él...Lembrade que antes de nada ai que medir a corda pisándoa e non debe subir máis alá do peito, pois se é demasiado longa debemos enrollala nas mans para acortala pois senón é incómoda para pasala por enriba da cabeza. 


3. Xogos coa pelota:


3.1. Conducir (levala co pé), en liña recta, en zig-zag...

3.2. Lanzamentos e recepcións: lanzar a algúen ou contra una parede e parala cun pé. Lanzar cun pé e despois co outro, parar o balón coa planta do pé (recepcionar o balón). tamén lanzar a un obxecto (puntería)


3.3. Levantar o balón co pé ou botalo coa man e dar toques para arriba cos pés, con un, alternado, con e sen bote..(habilidade co balón).

3.4. Botar cunha man, coa outra, alternativamente esquerda e dereita, coas dúas...

3.5. Lanzar cunha man ou coas dúas hacia arriba e recoller cunha ou coas dúas, antes de que bote, tras un, dous ou tres botes...

4Xogos con raqueta: con pelota, volante, globo, etc.

4.1. xogo do camarero: https://www.youtube.com/watch?v=LITny0NUN84

4.2. Lanzar ao aire e dar toques: 1-2-3-4-5....etc

4.3. Pases ata que caia se tedes un irmán ou adulto que vos axude se non tedes raqueta pode facerse incluso coa man...

No hay comentarios:

Publicar un comentario